O pasado xoves 6 de xuño, na véspera do Día Mundial dos Oceános, os alumnos de 3º de ESO participaron nun acto de recollida de lixo na zona marisqueira da Basa de Camariñas organizado pola Asociación Mar de Fábula. Tamén participaron a Confraría de pescadores, a Agrupación de marisqueiras e o Concello de Camariñas, a escola de surf Ubuntu Life e outros centros educativos da contorna.


Comentarios
Publicar un comentario