O pasado xoves 20 de xuño, unha representación do noso alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu, en Cee, á gala da campaña de promoción da nosa lingua Falemos + Galego, desenvolvida ao longo do curso por 14 centros educativos da Costa da Morte, entre eles o IES Terra de Soneira. Foi un evento presentado por María Lado e Xurxo Souto no que se entregaron moitos premios e houbo varias actuacións musicais, como a da nosa alumna Aroa Sendón.



Comentarios
Publicar un comentario