Na semana do 17 de maio, foron varias as actividades que realizamos para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luísa Villalta.
O equipo da biblioteca organizou un maratón de lectura de textos da autora homenaxeada durante varios recreos.
Por outra banda, nas clases de Educación Plástica, varios grupos crearon carteis do Día das Letras Galegas e montaxes fotográficas de Luísa Villalta.
Por último, o equipo de Normalización Lingüística montou unha xincana sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
Comentarios
Publicar un comentario