Arqueoloxía dixital

 O noso alumnado de 2º de ESO desprazouse este luns 17 de xuño á Casa da Cultura para ver a exposición sobre arqueoloxía dixital galega enmarcada na programación do Asalto ao Castelo. Na mostra, recóllese como evolucionaron os videoxogos ao longo do tempo e faise unha tradución dalgúns clásicos ao galego. Os rapaces tamén tiveron a oportunidade de xogar a algúns dos videoxogos máis míticos dos 90. 




Comentarios