Un curso máis, o IES Terra de Soneira participou no programa Aprende a través do surfing coa colaboración do Concello de Vimianzo e da escola de surf Ubuntu Life. A semana pasada, rematamos as xornadas nas praias de Reira e Arou de Camariñas. Foron días de convivencia, deporte, unión coa natureza e de facer fronte aos medos e limitacións de cada un, dos que gozaron todos os alumnos da ESO.






Comentarios
Publicar un comentario