"Alma de tigre"

 O noso alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato desprazouse o pasado 27 de maio ao Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo para asistir á representación de Alma de tigre da compañía Elefante Elegante, unha obra de teatro sobre relacións familiares que mistura música, danza, artes visuais e cine mudo. Despois da actuación, o elenco da obra conversou cos rapaces sobre a obra e o seu significado. 





Comentarios