Intercambio con Albi

 O alumnado que cursa a materia de Francés de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato tivo a oportunidade de coñecer a cidade de Albi e os seus arredores na semana do 17 ao 24 de marzo. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Francés dentro do programa EduExchanges da Consellería de Educación. Os rapaces aloxáronse con familias dos alumnos do Lycée Louis Rascol, centro no que tamén asistiron a diferentes actividades. 







Comentarios