II Xornadas "Quérete"

 O último día do segundo trimestre, celebramos as nosas II Xornadas sobre saúde mental e emocional "Quérete". Foi unha mañá adicada a aprender máis sobre nós mesmos, os demais e como xestionar as nosas emocións. 

-O noso profesor de Música, Jose Paredes, ensinounos a relación das diferentes emocións coa música. 




-Desde ITA, faláronnos dos trastornos de conduta alimentaria e de saúde mental e adolescencia. 




-A asociación xuvenil vimiancesa O Ariete falounos dos problemas aos que se enfrontan os adolescentes desde as súas experiencias persoais. 






-As profes dos departamentos de linguas axudáronnos a plasmar as principais emocións en escritos literarios. 




-Os alumnos de Psicoloxía de 2º de Bacharelato ensináronnos todo o que precisamos saber sobre a enfermidade de Alzheimer. 





-O psicólogo do Concello de Vimianzo, Sergio Trillo, falounos sobre a importancia de coidar a autoestima, de saber relativizar os problemas e do segredo da saúde mental. 





-Desde APEM, concienciáronnos sobre a importancia de "mentalizarnos" e non estigmatizar os trastornos de saúde mental. 





-Míriam iniciounos na práctica do ioga vinyasa: movemento e respiración para querernos. 





-A asociación Íntegro falounos de respecto á diversidade e da relación das adicións coa saúde mental. 




-Coa nosa exalumna a artista Nerea Barrientos, deseñamos chapas para promocionar o coidado da saúde mental e emocional entre a comunidade educativa. 







Comentarios