Actividades 8M

 Foron varias as actividades que organizamos con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

O alumnado do IES Terra de Soneira asistiu de público á gravación dos podcast 8Miradas do Concello de Vimianzo, nos que Sergio Trillo entrevistou a oito mulleres vimiancesas con historias moi interesantes que contar. 


O 5 de marzo, todos os alumnos da ESO realizaron o roteiro 8M do Concello de Vimianzo, con oito paradas temáticas que pretenden visibilizar o papel da muller en diferentes eidos da vida. 




Ademais, participamos na campaña da Deputación da Coruña Mulleres do pasado, semente do futuro, unha homenaxe ás nosas maiores, das que tanto temos que aprender e ás que tanto temos que agredecer. Fixemos unha exposición con fotografías de mulleres maiores da nosa contorna realizando diferentes labores no presente e no pasado, que se pode ver na pranta baixa do edificio da ESO. E tamén os nosos alumnos gravaron vídeos entrevistando a estas mulleres, que se poderán ver na nosa canle de YouTube. 






Comentarios