Vinilos

Rematamos nos últimos días un novo proxecto do Contrato Programa Inclúe-t, que consistiu na colocación nos baños do centro de frases motivadoras relacionadas co noso benestar emocional. 

En primeiro lugar, o alumnado da ESO creou os lemas nas diferentes linguas impartidas no instituto para, despois, seren convertidas en vinilos co equipamento de Polos Creativos polos rapaces que cursan a materia de TIC en 2º de Bacharelato. Eles mesmos foron tamén os encargados de colocalos en todos os baños do IES Terra de Soneira. 








Comentarios