Entroido 2024

 Un curso máis, celebramos o noso tradicional Entroido no IES Terra de Soneira. Foi o pasado venres 9 de febreiro, das 12.25 horas en adiante. Houbo chocolate con churros da man de Churrería Sandra, concurso de disfraces no pavillón e moita troula! Os gañadores foron 1º de ESO B, na primeira categoría, e 1º de Bacharealato B, na segunda. Pronto gozarán dos seus premios! Parabéns!










Comentarios