Por fin, entregamos todos os premios dos concursos e torneos celebrados no pasado magosto:
🚪 3º de ESO: gañadores por empate técnico do Concurso de Portas terroríficas na categoría da ESO. O seu premio foi a participación na Sementeira do Proxecto Terra na que prantaron un horto e instalaron un hotel de insectos no noso patio.
🚪 1º de Bacharelato A: gañadores do Concurso de Portas Terroríficas na categoría de Ciclos / Bacharelato. O seu premio foi a participación nunha escape room na súa aula.
🏆 Iker resultou vencedor do Torneo de Tenis de mesa, polo que logrou o correspondente trofeo e un vale para un bocadillo na cafetería.
🏆 Gabriel conseguiu o trofeo do Torneo de Bádminton, xunto co seu vale de cafetería.







Comentarios
Publicar un comentario