Os nosos alumnos de 3º de ESO, como gañadores do Concurso de Portas Terroríficas, participaron na sementeira Patios vivos do Proxecto Terra, no que o noso centro volve participar este curso coa segunda fase de Patiomorfose.
Foi o pasado venres, cando nos visitaron Jimena e Iván de Raizame para facer diferentes intervencións no noso patio:
-Fixemos un hotel para insectos nos piñeiros que están xunto á pista de fútbol.
-Prantamos bulbos de outono (narcisos, crocus e anémonas) nun recuncho ben resgardado dos balóns detrás da pista de baloncesto.
-Prantamos dous arbustos (Erica gracilis e Calluna vulgaris) na xardineira cedida polo Concello de Vimianzo que nos recorda que aquí sementamos igualdade.






Comentarios
Publicar un comentario