Cine en francés

 O pasado martes 31 de outubro, o alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO e Bacharelato viaxou a Santiago para asistir á proxección do filme Seuls no IES Rosalía de Castro. Trátase dunha película de suspense en lingua francesa baseada no cómic do mesmo nome e dirixida por David Moreau. Despois aproveitaron para achegarse aos arredores da Catedral. 




Comentarios