Belcebú

 O alumnado de 2º de ESO viaxou á Coruña o pasado martes 7 de novembro para asistir á obra de teatro Belcebú no Auditorio de Afundación. A historia fala de Max, un acosador, e Gemma, a súa vítima no instituto, quen logra superar a situación gracias á súa valentía e á axuda dos seus pais. Despois da obra, participaron nun coloquio sobre acoso escolar no que aprenderon técnicas para enfrontar estas situacións.




Comentarios