ACTIVIDADES 25N

 Foron moitas as actividades que fixemos no IES Terra de Soneira para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: 


  • O 20 de novembro, a Asociación Visibles impartiu o seu obradoiro Conecta co teu ciclo nas clases de 3º e 4º de ESO. Puideron compartir as súas experiencias e preocupacións sobre a menstruación, rompendo estereotipos.


  • O mesmo día 20, os rapaces de 3º de ESO recibiron a visita de Cruz Vermella Vimianzo nunha charla na que aprenderon os ingredientes necesarios para unha relación sa e como previr as tóxicas. 




  • O 21 de novembro, os rapaces de 3º de ESO participaron nun obradoiro de creación de pancartas feministas coa asociación Feminismo en Pé. As mellores foron empregadas nas manifestación do sábado e as súas creadoras, premiadas con camisestas da asociación. 


  • Tamén o 21 de novembro, pola tarde, celebramos un obradoiro de Educación sexual en familia na Biblioteca do noso centro para familias e docentes. A sexóloga Carol Strate ensinounos como educar aos nosos fillos e alumnos nunha sexualidade respectuosa, libre e saudable. 


  • O 24 de novembro, alumnado de 1º de Bacharelato e Ciclos Formativos asistiu a unha charla sobre violencia sexual na Casa da Cultura de Vimianzo a cargo de María Ángelica Mercado Torres, especialista en estudos de xénero e políticas de igualdade. 




  • Durante toda a semana, rapaces de 2º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato deseñaron e pintaron as pezas do puzzle que o Concello de Vimianzo montou nun acto o sábado 25 de novembro. 






Comentarios