Visita ao dolmen de Pedra Cuberta

 O pasado 21 de setembro, o alumnado de 1º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as labores de conservación que están levando a cabo profesionais das universidades de Santiago e Vigo no dolmen de Pedra Cuberta, na parroquia de Treos. Foi unha actividade organizada en colaboración co Concello de Vimianzo, na que aprendimos como traballan os conservadores para preservar as pinturas de máis de 6.000 anos de antigüidade coas que conta o dolmen. 







Por outra banda, o día anterior, os rapaces de 2º de ESO realizaron a Ruta das Antas, visitando outros dolmens ademais do de Pedra Cuberta, como o do Rabós, a Pedra da Moura ou a Pedra da Lebre. Foi o punto final a un proxecto iniciado o curso pasado na materia de Proxecto Competencial, con diferentes fases de investigación e presentación das características destes restos arqueolóxicos da comarca de Soneira. A prensa local deu conta da actividade a pasada fin de semana. 

Comentarios