O recunchiño das letras

 Xa temos instalado no noso patio O recunchiño das letras, un espazo de intercambio de libros de xeito libre e responsable. Se che gusta ler e compartir, podes coller un libro e devolvelo cando remates, ademais de deixar na caseta un libro teu para que outros o gocen. Non esquezas tratar ben os libros e a casiña! Seguimos mellorando o noso patio con Patiomorfose, a iniciativa coa que o IES Terra de Soneira participa no Proxecto Terra. 





Comentarios