Nos meses de maio e xuño, demos por rematada a nosa Patiomorfose coa terceira fase do proxecto, centrada na intervención directa en distintos espazos do patio.
Así, preparamos as pistas de fútbol e baloncesto: limpámolas, pintamos a liñas regramentarias e puxemos redes novas nas canastas. Pintamos tamén os textos do noso muro literario, de Emily Dickinson e William Culen Bryant. Fixemos unha molécula no patio cuberto inferior e a nosa exalumna Nerea Barrientos elaborou un mural que nos recorda a importancia de coidar a nosa saúde mental.





Comentarios
Publicar un comentario