Neste curso, os alumnos do noso centro participaron en dúas xincanas. Unha delas, organizada por Dinamización Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas, foi sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego. A outra, levada a cabo polo departamento de Matemáticas o pasado 12 de xuño, consistiu en diferentes probas matemáticas que o alumnado tivo que superar en grupos.
Os gañadores dunha e outra xincana recibiron os seus premios no acto de graduación de 4º de ESO celebrado o último día de curso. Parabéns a todos eles!



Comentarios
Publicar un comentario