Polo de Emprendemento

 O martes 6 de xuño o alumnado de IAEE de 4º de ESO e Economía de 1º de Bacharelato asistiron a unha dinámica dirixida polos técnicos do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Costa da Morte.


Na sesión, que durou unha hora, os relatores facilitaron información sobre a labor que realizan, orientando e apoiando a aquelas persoas que desexan poñer en marcha unha idea de negocio. Finalizaron cunha actividade práctica baseada no Ikigai, un concepto xaponés que se fundamenta na motivación que impulsa ás apersoas a actuar.



Comentarios