Olimpíada filosófica

 Neste curso 2022-2023, a X Olimpíada Filosófica propuxo aos institutos de Galicia reflexionar de forma crítica e creativa sobre un tema de gran actualidade: as fronteiras e a xustiza global. O alumnado do IES Terra de Soneira aceptou o reto e participou na modalidade de "Fotografía Filosófica". De todos os traballos realizados, as cinco obras que resultaron seleccionadas como finalistas foron as de Minami Matos Lema, Carla Sar Bouzas, Lara Trillo Moledo, Ana Pose Varela e Nuria Castelo Ramos, todas elas alumnas de 1º de bacharelato.


A exposición colectiva de todas as fotografías realizadas polo noso alumnado pode verse no seguinte enlace:

Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado! Agardamos que desfrutedes das súas creacións filosóficas e que estas cumpran o seu cometido, que non é outro que facernos pensar.








Comentarios