Correlingua 2023

 Baixo o lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra", celebrouse o Correlingua 2023 na Coruña o pasado venres 5 de maio. Desde o IES Terra de Soneira, participaron os grupos de 3º de ESO xunto coas súas profesoras de Lingua Galega e Literatura. Recorreron a pé o traxecto entre Riazor e a Torre de Hércules xunto co resto de centros participantes da provincia en defensa do uso da nosa lingua. 






Comentarios