O pasado martes 11 de abril, dous escritores visitaron ao noso alumnado de 1º de Bacharelato: Carlos Callón e Marcos Porto. O primeiro, autor de O libro negro da lingua galega, conversou con eles sobre os diferentes momentos da historia nos que a nosa lingua foi maltratada. Pola súa banda, Porto faloulles do proceso de creación da súa primeira novela, Marco di Murano, coa que os rapaces traballaran previamente na materia de Lingua castelá e literatura.


Comentarios
Publicar un comentario