Rematamos xa a segunda fase de Patiomorfose, o proxecto de mellora do noso patio co que este ano o centro participa no Plan Proxecta Terra da Consellería de Educación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Nesta parte, limpamos os muros gracias á colaboración do Concello de Vimianzo e puxemos en marcha o noso Comité de Medio Ambiente, integrado por profesores e alumnos que velarán polo coidado do medio no instituto. Entre as súas primeiras medidas, a instalación dun contenedor de aceite usado para a súa reciclaxe.
Ademais, os alumnos de Literatura Universal de 1º de Bacharelato prepararon o noso muro literario, que se encherá na seguinte fase do proxecto de textos literarios relacionados coa importancia de respectar e coidar a natureza.
Pola súa banda, os rapaces de 4º de ESO montaron, na materia de Tecnoloxía, mesas e bancos de madeira nos que poder falar, xogar ou merendar nos nosos recreos.
Finalmente, coa axuda dos profesores de Matemáticas, mediron as pistas deportivas de fútbol e baloncesto para poder pintar as liñas regramentarias.
Seguimos traballando para conseguir o patio que necesitamos ter!

Comentarios
Publicar un comentario