XORNADA "QUÉRETE"

 Hoxe 31 de marzo, celebramos no IES Terra de Soneira a I Xornada para a visibilización da saúde mental e emocional "Quérete" en colaboración co Concello de Vimianzo. 




Ao longo de toda a mañá, o noso alumnado participou en diferentes actividades relacionadas co tema da xornada.

En 1° e 2° de ESO, tiveron taller de regueifas con Lupe Blanco. Aprenderon a rimar, improvisar e mellorar a súa autoestima por medio da música e da oralidade.



Os grupos de 2°, 3° e 4° da ESO fixeron unha iniciación ao Mindfulness da man da psicóloga Teresa Vilanova, que lles ensinou a importancia de centrarse no momento presente e conectar co seu corpo para xestionar as emocións.


Os rapaces de 4° de ESO debatiron tamén coa nutricionista Candela Martínez, da Asociación Visibles, sobre como afecta a violencia estética á nosa relación coa comida en diferentes trastornos de alimentación.

Pola súa banda, o alumnado de 3° da ESO participou nunha actividade sobre a presenza de diferentes trastornos de saúde mental na literatura coa profesora Soraya Varela e elaborou chapas sobre a temática coa máquina de Polos Creativos.



Todos os grupos da ESO participaron en diferentes talleres co psicólogo Sergio Trillo: sobre autoestima, redes sociais, autocoñecemeto e no xogo sobre manipulación "Psicópatas por un día".




Tamén estivo connosco Feafes, que coa súa charla Mentalízate, concienciou aos rapaces sobre a importancia de saber identificar diferentes trastornos mentais, normalizalos e pedir axuda.


E por suposto, Íntegro, cunha actividade para 1° e 2° de ESO sobre o respecto á diversidade.





Finalmente, os alumnos de 1° de Bacharelato produciron un podcast co equipamento de Polos Creativos e coa axuda da xornalista Ángela Fernández Casal sobre saúde mental en adolescentes.





Comentarios

Publicar un comentario