O Departamento de Inglés organizou unha viaxe cultural a Londres para o alumnado de Bacharelato que se desenvolveu entre o 21 e o 25 de febreiro. Ademais de practicar o seu inglés, visitaron Oxford, a vila natal de Shakespeare, o Museo de Historia Natural, Camden, Chinatown, o London Bridge, fixeron un roteiro literario pola cidade e incluso viron ao príncipe Guillermo e ao rei Carlos!







Comentarios
Publicar un comentario