A semana pasada, os nosos alumnos de 4º de ESO participaron no taller de prevención de consumo de drogas Di K Non, da Fundación Barrié, desenvolvido por internos da Unidade Terapéutica Educativa (UTE) do centro penitenciario de Teixeiro.
▶ O martes, os internos visitaron o noso instituto para representar unha peza teatral e compartir cos rapaces a súa experiencia co consumo de drogas.▶ O xoves, tivemos a oportunidade de visitar nós o seu módulo en Teixeiro, onde coñecimos as súas rutinas diarias, como eran as súas vidas antes de entrar en prisión e as súas expectativas de futuro.
Unha experiencia moi recomendable e gratificante!

Comentarios
Publicar un comentario