Actividades 8M

 Na semana do 8M, Día Internacional da Muller, foron moitas as actividades que desenvolvemos no noso centro para reivindicar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres. 

Como parte do Plan Proxecta Donas de sí, alumnos e profesores crearon, con material reciclado, as bolboretas moradas que colgan dos teitos do centro como símbolo de liberdade. 







O xoves 9 de marzo, os alumnos de 3º de ESO e 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de escoitar ás poetas María Lado e Lucía Aldao, Aldaolado, no seu recital "Benquerer(se)". 




Pola súa banda, os rapaces de 1º e 2º da ESO participaron no obradoiro "Mulleres Visibles" da Asoación Visibles, que pretende dar voz e luz a todas esas historias protagonizadas por mulleres e silenciadas ao longo da historia. 





Tamén en 4º de ESO recibiron a visita de Cruz Vermella Vimianzo coa súa campaña de igualdade "Somos unha, somos todas". 







Comentarios