Obradoiros da Sociedade Xuvenil Galega de Química

 Este mércores 15 de febreiro, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO de ciencias asistiu aos obradoiros impartidos no noso centro por científicos da Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ). Os estudantes puideron observar a coloración á chama que producen diferentes sales, demostracións con polímeros como o poliacrilato de sodio, ensaios ácido-base empregando col lombarda como indicador, formas de acelerar a reacción de descomposición do peróxido de hidróxeno...







Comentarios