Por fin temos xa gañadores para todos os concursos celebrados no noso magosto!
Os mellores doces do certame Chef do inframundo organizado pola biblioteca para o alumnado de 1° da ESO foron os de Mauro, Saray e Lis, que gañaron unha camiseta. Ademais, Sara obtivo un exemplar de Os arquivos secretos de Escarlatina no sorteo celebrado entre todos os participantes.
Por outra banda, os alumnos máis participativos nos xogos tradicionais foron os de 1° da ESO, que gañaron un vale por un bocadillo de balde na nosa cafetería.
Por último, a clase coa porta máis orixinal, terrorífica e elaborada da ESO foi 3°A, mentres que a mellor de Bacharelato foi a de 2°A, coas probas de ABAU moi presentes no seu particular San Martiño. Os dous grupos desfrutarán da participación nunha scape room como premio.







Comentarios
Publicar un comentario