OBRADOIROS CONVIVE

 O noso alumnado participa, nestas últimas semanas de outubro, en diversos obradoiros encadrados dentro do Contrato Programa Convive do que este curso forma parte o noso centro. 

Así, os rapaces de 1º de ESO levaron a cabo un obradoiro de prevención do acoso escolar impartido por Cruz Vermella de Vimianzo a pasada semana. 




Pola súa banda, os alumnos de 3º de ESO, participan nestes días, nas súas sesións de titoría, nun taller de igualdade e prevención de violencia de xénero impartido polo Concello de Vimianzo.




Finalmente, comezou en 2º de ESO a formación en habilidades socioemocionais de Alicce, da que sairá o equipo de alumnado axudante do noso centro. 






Comentarios